Busca
O pozo foi construído cando a casa, no ano 1916. Conta cunha entrada por un lateral a través dun túnel escavado na pedra, como se dunha mina se tratase. Do fondo do mesmo, sae un rego de auga que emboca nunha especie de lavadoiro.
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga
O Muíño do Prado de Isorna está situado á beira do regato de Quintáns.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Parte saínte da costa no lugar de Quintáns, que penetra no río Ulla.
Rianxo - Santa María de Isorna | Espazos naturais
Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.
Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Fonte que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de Tarrío. Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, descríbea como segue. Enriba dos dous canos dunha fonte…
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
O nome Lufo semella voz antiga, debe ser xermánico, relacionado coa partícula ufe/ulfe, lobo. Non hai no Nomenclátor ningún outro Lufo agás o de Dodro. Tamén se coñece como río de Vigo e chámanlle, augas abaixo da aldea de Vigo, río do Cabalo porque os chaláns abeberaban nel os animais cando ían á feira a Padrón.
Nace moi preto de Pexegueiro e do…
Dodro - Santa María de Dodro | Espazos naturais
Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.
Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas
Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Vista do Esteiro do Ulla desde a contorna da Casa da República en Sestelo.
Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas
Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Situado na entrada sur da aldea, a escasos metros da fonte e lavadoiro de Sar, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.
O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira en moi mal estado. Ten, aínda que en moi mal estado,…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Traída de auga que chegaba ao Pazo do Marqués de Bendaña a través dunha longa canle labrada en pedra duns 400 metros de lonxitude.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga
O curso orixinal do río Sar segue sendo a división administrativa entre os concellos de Padrón e Dodro. Nos anos sesenta do século XX fíxose a canalización deste tal é como a coñecemos na actualidade, totalmente recta. Maila construción da canle, os meandros orixinais aínda se poden ler no territorio, principalmente pola presenza da vexetación de ribeira que se resiste a desaparecer. O río Sar orixinal, entre Padrón e a súa…