Busca

Amosando 193 - 216 de 347 resultados da busca.

Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscrición.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Conxunto de dous muíños e unha pontella na ribeira do río Batán, derrubados pola construción da vía do tren de alta velocidade.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Brión, situado ao carón da estrada DP-3301 desde a que se accede mediante unhas escaleiras.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro construído en formigón na década nos noventa do século pasado. As pedras de lavar son de cantaría lisa, cun pequeno rebaixe cadrado para deixar o xabón. Accédese a el mediante unhas escaleiras, tamén de formigón, pois foi construído nun nivel inferior para poder aproveitar as augas da fonte.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

O Coto Agudo atópase a 116 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Monte de Leiro atópase a uns 175 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Leiro | Panorámicas

O Monte Palleiro atópase a 127 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Monte Quintáns atópase a uns 150 metros de altura sobre o nivel do mar. Ofrece unhas vistas magníficas do río Ulla e Catoira, moi próximo ao Castro das Cercas.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Catadoiro atópase a 202 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Monte Ceán atópase a 91 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Alto do Castro atópase a 228 metros de altura sobre o nivel do mar. Aos pés do Castro de Bexo, accédese por pista asfaltada desde o Alto da Paradegua cara Teaio. Ofrece unha vista total do val do río Té.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Monte da Pena ou Campo dos Frailes atópase a 195 metros de altura sobre o nivel do mar, desde onde se pode observar o val do río Té (O Araño, Asados e Rianxo) e a desembocadura do río Ulla. En toda a contorna do Monte da Pena localízanse dous conxuntos de…


Rianxo - Santa María de Leiro | Panorámicas