Busca

Amosando 49 - 72 de 119 resultados da busca.

Petróglifo procedente dun muro de Dimo, que durante anos estivo gardado nunha nave municipal, nunhas condicións de conservación moi deficientes. No ano 2023, tras unha denuncia pública realizada por Cristina Conde Escaloni, o Concello de Catoira trasladouno ao CACTO (Centro de Activación Cultural Torres de Oeste), onde na actualidade está exposto.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial

Estas marcas, xunto ás do Marco Nº 2 do Outeiro de Agudelo, indican os límites entre os concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa. Foron realizadas nos anos 40 do pasado século polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional co obxectivo de facer de deslindes. Este marco ten unha inscrición que pon "V X C…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Estas marcas, xunto ás do Marco Nº 1 do Outeiro de Agudelo, indican os límites entre os concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa. Foron realizadas nos anos 40 do pasado século polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional co obxectivo de facer de deslindes. Este marco ten unha inscrición que pon "V X C…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

No medio dunha gran laxe plana atópase unha cazoleta e un muíño navicular nun lateral. A un lado da laxe existen as marcas de delimitación das parroquias de Dimo e Abalo. Foi localizado por Cristina Conde Escaloni e Francisco Ameixiras Sánchez.

Este petróglifo emprázase a unha distancia menor de 200 metros respecto do aeroxenerador XIII-4 previsto no proxecto “parque eólico segunda ampliación Xiabre”, sen que apareza recollido…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Trátase do único santuario rupestre con inscrición que se coñece en Galicia. Dúas cazoletas (5 centímetros de ancho e 3 de fondura) situadas simetricamente a ambos lados dunha pía natural na parte superior dun pequeno outeiro rochoso que sobresae uns 2 metros pola parte máis alta, ladeira abaixo. Sitúase á beira dun cortalumes, subindo á dereita, a 40 metros dun promontorio rochoso destacado que hai no medio de dito cortalumes e que se aproveitou…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Nunha gran laxe plana orientada ao suroeste, localízase unha cazoleta alongada duns 15 centímetros de longo por 3 de fondura, desde os extremos da cal parten uns sucos duns 25 centímetros de longo, conformando unha figura atípica que parece lembrar a un ídolo ou ben podería ser o inicio dun muíño navicular inconcluso. Foi localizado por Cristina Conde Escaloni. Toda a ladeira está repleta de laxes e batolitos graníticos con grandes pías e curiosas formas…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Santuario rupestre situado nun enorme batolito granítico no alto dun outeiro accesible pola parte da pista forestal que dá ao norte (a uns 40 metros da mesma) e na parte orientada ao poñente elévase varios metros de altura (de 2 a 6 metros segundo a zona). Destaca visualmente na paisaxe e dominando amplamente a Ría de Arousa e o cume do

Petróglifo localizado por Cristina Conde Escaloni que está dividido en dúas partes. Na parte alta existe unha cazoleta e na parte baixa diferentes gravados: un longo radial do que sae medios círculos e nun lateral varias coviñas.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais

Castro case desaparecido, sendo case imposible establecer as súas dimensións reais, mais que probablemente garde algunha relación cos xacementos de Agramar e As Cortinallas, en Valga.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Xacemento situado nun pequeno outeiro, desde onde domina todo o val do Ulla. Aínda tratándose dun xacemento moi alterado, o Castro de Cesures (Monte do Castro) aínda se identifica a través da ortofotogrametría histórica e das imaxes do LIDAR. Conta a lenda que había un túnel desde o castro até o río, onde os cabalos ían beber.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Á beira da Ponte de Cesures había un peirao, onde se atoparon pontóns soterrados de madeira petrificados e ben conservados en 1959, xunto a cerámica e moedas romanas, desde as acuñadas en tempos de Tiberio até Constantino III. Na época de dominación romana, Cesures era o porto de Iria Flavia.

A importancia portuaria de Pontecesures foi tal que, xa en…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

O Camiño Portugués a Santiago discorre polos lugares de Condide, Carreiras, Infesta, San Xulián, para finalmente cruzar o río Ulla destino a Compostela.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

A Vía Militar Romana Número XIX discorre polo Concello de Pontecesures de norte a sur ao longo da N-550, para despois enlazar coas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García.

O Itinerario de Antonino, na súa guía de camiños, contabiliza 299 millas para o percorrido da Vía Militar Romana Número XIX Via a Bracra Asturicam por Lugo. No seu percorrido sur a norte pola provincia de Pontevedra, discorre pola depresión meridiana, eixo de comunicación…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Trátase do camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a costa guiándonos cara a Santiago de Compostela. O camiño entra no termo municipal de Pontecesures polo Monte do Porto, para despois dirixirse cara ao Porto de Cesures.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Estas caleiras foran estabelecidas en 1923 por Ramón Diéguez Carlés, baixo a razón social Caleras del Ulla. Diéguez, dunha familia de pequenos comerciantes, estudiara química e farmacia en Santiago de Compostela, e comezara a traballar en Madrid, no laboratorio dun dos máis importantes farmacéuticos do país, o licenciado santiagués José Casares Gil, precursor do desenvolvemento da química en España.

O 6 de febreiro de 1923, na solicitude da licenza de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial