Busca
Cruceiro construído en granito por plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta o pedestal de forma cuadrangular, coas esquinas superiores cortadas en bisel e rematando de forma circular moldurada. O fuste é de sección cuadrangular, comezando de forma cadrada. Está desaparecido o capitel e a cruz.
Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos
Fonte e desalgadoiro onde os propietarios do Pazo dos Calotes poñían o bacallau a desalgar. A fonte tiña dúas caras aos lados, hoxe desaparecidas. Tamén existía unha ponte de pedra, actualmente derrubada, para atravesar o rego do Batán e chegar a un merendeiro.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga
Fonte no lugar da Codeseira cuxas augas eran potables até que o Concello de Catoira canalizou as augas sucias por enriba e contaminou as augas.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.
Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas
Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.
Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil
Nesta casa da rúa Portarraxoi naceu, o 10 de xullo de 1916, o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira.
Estudou o bacharelato en Pontecesures e despois…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Mina de auga construída en cachotaría de granito. Abastecía de auga á Casa dos de Morales. Ao carón desta mina hai un regato que baixa do monte, cuxa auga era usada “para que a herba estivera sempre perfecta e fresca”.
Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…
Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
Cruceiro do tipo de cruz, recolocado unha encrucillada de camiños entre os lugares de Suigrexa e Somoza.
Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos
Lavadoiro de planta cuadrangular construído ao redor de 1977, de cemento e cunhas dimensións de 3,40 metros de longo e 40 centímetros de fondo. Antes da súa construción existía un remanso de auga onde se lavaba a roupa, auga que chegaba até aquí mediante unha canle desde A Codeseira.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Na ribeira do rego de San Cibrán, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Fonte localizada na rúa da Estación, datada nos anos 1962-1963 e construída con ladrillos e material cerámico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.
A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…