Busca
Pasos que atravesan o río Sar, entre Cambelas (Padrón) e Seira (Rois), ao carón dunhas inutilizadas infraestruturas de regadío.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Inquisición.
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos
Antes da construción da Ponte de Sinde, que uniría as parroquias de San Pedro de Carcacía (Padrón) e San Miguel de Barcala (A Estrada), o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea de Bandín até o resto da parroquia de Carcacía era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). Na beira do río en Bandín e na área recreativa do Areeiro aínda se…
Padrón - San Pedro de Carcacía | Obra civil
Antes da construción da Ponte da Barca, que uniría a totalidade da parroquia de Santa María de Herbón, o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea da Barca até o resto da parroquia de Herbón era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). …
Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil
A sepultura de Dominica Borja Ferraguela é a única que existe na actualidade no adro da Igrexa de San Miguel de Catoira, unha moza xitana sobre a que Cristina Conde Escaloni conta a súa hisotira no seu blogue …
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos
Localizado na actual Avenida da Ponte de Catoira, no cruzamento onde está o Bar Canguro. Este fito ou marco indica o punto quilométrico 10 da estrada Cesures - Carril (PO-548) e debe ser o único, ou dos moi poucos que na actualidade aínda se conservan de cando se construíu a estrada.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Esta ponte formaba parte do trazado orixinal polo que discorría o ferrocarril Santiago-Carril e foi construída para salvar o río do Manzanillo, tamén coñecido cos nomes de río Angueira ou río de Bascuas. Por esta ponte xa non circulan os trens despois da construción das novas vías de alta velocidade ferroviaria a poucos metros das antigas.
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848,…
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Torre do Monte.
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
Hórreo no lugar do Campanario.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Hórreos
Hórreo no lugar do Campanario.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Hórreos
Hórreo no lugar do Campanario.