Busca
Nas terras chas que se estenden ao norte do Alto da Trigueira, na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular, construído en cachotería granítica asentada en seco e con pequenas pedras a xeito de cuñas. Tellado a dúas augas cuberto inicialmente con tella do país, aínda que na actualidade non conserva teitume. Conserva a roda de moer no seu interior. No sector leste consérvase a canle de…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento, vinculado ao conxunto do Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte de pedra emprazada nunha encrucillada de camiños, ao pé do Cruceiro de San Miguel de Valga.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Vinculada á Capela dos Martores, trátase dunha fonte feita con pedras de granito e cano metálico.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior, para posteriormente repartila aos prados existentes na contorna. Está pechado polo sur por un muro de cachotería granítica asentada en seco, duns 5 metros de longo.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
No leito do río Valga e construída en pedra. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Lavadoiro do Carballiño.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Complexo industrial en estado ruinoso localizado á beira do río Ulla. composto por dúas naves, unha delas pechada, e outra cun dos laterais aberto, de planta rectangular de 60 x 10 metros.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial
Peirao construído en granito da empresa Cerámicas Domínguez del Noroeste S.A., máis coñecida como Cedonosa. Ten unha lonxitude de case 100 metros, e unha anchura de 10 metros. Levantado cunha altura de entre 3 e 5 metros, foi dotado de escalinatas pétreas, duns 10 chanzos aproximadamente, integradas na planta do peirao e que permiten descender á lámina de auga.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial
Actualmente consérvase unha cheminea industrial de ladrillo visto, a cal pertencía a un antigo serradoiro. Serrerías Industriales de Catoira emprazábase na parroquia de Oeste, mentres que do outro lado do río Ulla, na parroquia de Isorna (Rianxo), estaba o…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro e da Telleira de Padín, cara o oeste.
A telleira foi construída, segundo afirma Ramón Rodríguez, polo tío deste, Secundino Rodríguez Castaño, ou pola súa familia. O…