Busca
Unha actividade que concitou grandes expectativas, e que non chegou a conformalas, foi a fabricación de azucre de remolacha na veiga de Padrón, unha industria que se mantivo durante uns poucos anos e con serias dificultades para subsistir. A Sociedad Anónima Azucarera de Padrón inicia a súa vida empresarial o 29 de novembro de 1899. En febreiro do mesmo ano constituírase no veciño concello de Pontecesures a sociedade Azucarera Gallega, promotora da…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial
A industria padronesa de lámpadas eléctricas comezaría a súa produción en 1929 (Seijas Llerena, 2011) e consonte Freire Esparís (2007) no momento da posta en funcionamento Iria, S.A. contaba cunha fábrica de gas e outra de bombillas que complementábase coa fábrica de casquetes para lámpadas eléctricas da que figuraba como propietario e director técnico Estanislao Pérez Rey, máis coñecido…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura industrial
Construído no século XII, tratábase dun depósito de venda do sal. A Padrón outorgóuselle a prebenda real de ser o monopio da distribución do sal por toda a ría de Arousa.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Coñecida popularmente como “A de Ramos”, estaba dedicada á fabricación téxtil de lenzos e manteis, estampados, sabas, toallas e roupa da casa en xeral. Foi fundada no ano 1886 polo zamorano Ángel Ramos García. Destacar que o tecido era unha tradición artesanal iniciada en Padrón a finais do século XVIII.
Non se limitaba á comercialización do produto final, senón que…
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Foi fundada no ano 1970 por Manuel Cortizo Valladares e dedícase á fabricación de todo tipo de candeas e candeóns de alta calidade para uso relixioso. Ao inicio eran traballos basicamente manuais, mais pouco a pouco foise automatizando o proceso de fabricación.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos
Coñecida popularmente como A Fraisa, foi constituída no 1974, chegando a ser nos anos 80 o serradoiro de madeira coa maior cota de mercado de Galicia. Manuel Jesús e José Fraiz Saa, dous irmáns naturais de Silleda pero que de moi pequenos se trasladaron cos seus pais a Padrón, fundaron esta empresa.
A familia sempre se dedicara ao sector da madeira, o seu pai fabricaba a parte inferior dos zocos e, coa chegada dos dous irmáns,…