Busca
Capela acaroada no lado sur, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Tarrío.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa
Parece que é do século XVII, aínda que non se sabe con seguridade xa que non hai constancia da existencia de actas fundacionais nos libros do arquivo parroquial. Algún estudoso local, como Avelino Abuín de Tembra, aventura a idea de que ben puidera ter sido un cenobio monacal do século XVII, ao redor do cal nacería unha pequena comunidade…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa
A igrexa parroquial de San Xoan Bautista de Laíño, no lugar de Padronelo, é produto da escisión da parroquia de San Xián de Laíño. Comezouse a construír en 1754 por canteiros de Cimadevila (Boiro), probablemente baixo a supervisión de Simón Rodríguez e Francisco Núñez.
Nun contexto de…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa
Capela de planta rectangular ao carón do Pazo do Marqués de Bendaña, con muros de cantaría labrada e cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Presenta na súa fachada norte dúas portas de acceso.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa
A actual igrexa data do ano 1738, aínda que xa existía un templo a principios do século XVII (1606), segundo Jerónimo del Hoyo. Este primitivo edificio foi mandado derrubar e reedificar en 1718 polo arcebispo de Santiago debido á súa insuficiencia, reedificación que foi proxectada, en 1719, polo senlleiro arquitecto Simón Rodríguez, un dos mellores da centuria, encargándose da súa fábrica un ano despois…
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa
Capela de planta rectangular que ten ao carón da súa parte posterior os anexos da casa reitoral de San Xoán de Laíño, integrando un pequeno patio. A súa fronte é de cantaría con porta de acceso principal de lintel recto, abertura circular por enriba e dous remates en forma de bola na fachada principal. Os muros son de cachotaría e a cuberta a dúas augas can acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Esta vese coroada na súa fronte por unha estrutura de sección…
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa
A capela adxacente ao Palacio de Lestrobe, dedicada ao Anxo da Garda, conserva no seu interior unha impresionante talla a tamaño natural da Dolorosa, obra do escultor Xosé Ferreiro. Na súa fachada, ten un campanil que supera o aleiro do tellado.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa
Esta capela, tamén coñecida como “A Capilla”, é un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 metros de longo e por 4,50 de ancho), en obra de perpiaños e cachotaría, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable desde o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro xalonada por dúas columnas…
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa
A actual igrexa é de boa construción barroca (século XVIII). Ten unha nave de planta rectangular, Presenta un campanario barroco integrado por dous corpos, sendo o primeiro de sección cuadrangular, que aloxa unha campá no seu interior e a segunda de sección octogonal, rematada nunha cúpula. O interior deste templo figura entre os máis belos exemplos de sabia conxunción de arquitectura e escultura da diocese, con…