Capela de San Amaro

Capela de San Amaro - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Parece que é do século XVII, aínda que non se sabe con seguridade xa que non hai constancia da existencia de actas fundacionais nos libros do arquivo parroquial. Algún estudoso local, como Avelino Abuín de Tembra, aventura a idea de que ben puidera ter sido un cenobio monacal do século XVII, ao redor do cal nacería unha pequena comunidade veciñal. Os veciños conservan na memoria esta capela de San Amaro coma A Armida, e aparece nos Libros de Fábrica coma capela de San Benito e San Mauro.

Mide 10,20 metros de longo por 6,35 de ancho. Debeu sufrir importantes modificacións na súa estrutura, figurando documentalmente unha reparación importante na década dos anos vinte. As reformas afectaron ao interior, co repintado das paredes e o reforzo da tribuna cunha trabe de formigón. É de planta cuadrangular con ábsida cadrada na cabeceira e muros de cachotaría, cunha bóveda de canón interior rebaixada. Cuberta a dúas augas con acabado en tella camba. Ten tribuna no interior. A fachada principal só ten unha porta sinxela, tendo outra porta nun lateral. Carece de calquera clase de ornamentación, presentando unha sinxela espadana rematada en cruz, na que pendura unha pequena campá.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Igrexa de San Xoán de Laíño

Igrexa de Santa María de Dodro

Capela da Virxe dos Aflixidos

Capela do Bo Parto e do Leite