Busca
Muros exteriores de cachotería granítica. Pía e piares tamén de granito. Cuberta a dúas augas rematada en tella do país.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Pía formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Pía granítica, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares e cuberta de formigón.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Pía cerámica revestida con morteiro de cemento e bloques pétreos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Cuberta de formigón e tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Lavadoiro de pía formada por bloques pétreos, piares de pedra de sección cuadrangular e cuberta de formigón con acabado en tella. Fonte tamén de pedra.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Lavadoiro composto de pía formada por bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo, piares de soporte da cuberta de granito de sección cuadrangular pétreos. Cuberta de placas de fibrocemento e rematada en tella do país.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Pía de granito e cuberta de formigón.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte elaborada de bloques graníticos. Pía de bloques graníticos e cuberta rematada con tella do país.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Pía de bloques graníticos e cuberta de formigón.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño do tipo canle, de planta rectangular construído en cachotaría granítica unida con cemento. As paredes foron desmanteladas de maneira moi violenta, aínda que hoxe se conservan ben a porta e unha seteira no lado da canella, así como un fragmento de capa foi reutilizado como tampa terminal desta última. Obsérvase unha cruz latina gravada na base da padieira dereita da porta. Presenta tellado a dúas augas coa cuberta en tella…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular, que no seu día foi de maquía, construído en cachotaría granítica unida con cemento. Presenta tellado a dúas augas coa cuberta en fibrocemento. A canle remataba en dúas canellas, das que só unha se mantén actualmente en uso. Antigamente tiña dous rodicios, aínda que hoxe só presenta un, en perfecto estado. A moa conservada moe millo, aínda que antigamente tamén se moían outros cereais.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, no val situado ao oeste do Monte da Chan, trátase dun muíño de planta rectangular, construído en cachotaría granítica asentada en seco. Tellado a dúas augas, parcialmente derrubado no sector sueste, aínda que conserva todas as vigas que sosteñen o tellado. Os vanos están alintelados con perpiaño. Conserva a roda de moer.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Muíño de planta cuadrangular con muros de cachotería. Cuberta de placas de fibrocemento. Conserva maquinaria no seu interior.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica, coas xuntas unidas con cemento. Á planta orixinal do edificio en pedra, foille engadida posteriormente un anteporche lateral de ladrillo con pousadoiro e un sobretellado avanzado a xeito de tomachuvias. A porta, con cruz gravada na padieira esquerda, está composta por unha folla de madeira. A parede da canle…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira do rego das Castañeiras, trátase dun muíño de planta cuadrangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Cuberta a unha auga rematada en tella do país.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. As paredes amosan un fachinelo frontal, unha seteira lateral e unha lacena no interior. Presenta alomenos dúas cruces latinas gravadas na padieira esquerda e outra no lintel. A compartimentación do espazo produciuse por medio dun tabique baixo transversal. Presenta tellado a dúas augas,…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira do río Valga. Trátase dun muíño de planta cuadrangular construído en cachotaría de granito, rematado con morteiro de cemento de acabado basto no interior. Cuberta a dúas augas de tella do país. Conserva a maquinaria interior, manténdose en pleno funcionamento.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Cuberta a dúas augas con placas de fibrocemento.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Louro, trátase dun muíño veciñal de planta rectangular construído en cachotaría granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas coa cuberta en pranchas de fibrocemento.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído. Consérvase a porta de madeira. As paredes amosan unha seteira horizontal nun lateral e un fachinelo sobre a canella de entrada da auga. Distínguense alomenos unha cruz latina gravada sobre a padieira esquerda e un tabique baixo inferior…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, ao suroeste do Monte dos Penoucos, trátase dun muíño de planta rectangular, construído con cachotaría granítica asentada en seco. Tellado a dúas augas cuberto de tella do país, conservado parcialmente.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, ao suroeste do Monte dos Penoucos, trátase dun muíño de planta rectangular, construído con cachotaría granítica asentada en seco e que esporadicamente presenta recebo de cemento. Tellado a dúas augas cuberto con tella do país. Conserva a roda de moer. Na zona leste aparece a canle de pedra que fornecía de auga ao muíño.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira norte do rego de Vilariño, ao seu paso polos Agros de Sousela, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica asentada en seco, con pequenas pedras a xeito de cuñas. Tellado a unha auga, aínda que non conserva a teitume. Atópase completamente baleiro no seu interior. A canle de entrada da auga é elevada.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, do a cuberta orixinal de tella foi substituída por unha nova de uralita, conservando os tornachuvias laterais en granito e beirais nos lados anterior e posterior da edificación. Na parede interior amosa un fachinelo orientado á canella. Gravuras ilexibles na…