Muíño do Xalleiro

Muíño do Xalleiro - Valga - San Miguel de Valga

Imaxe: Concello de Valga

Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, do a cuberta orixinal de tella foi substituída por unha nova de uralita, conservando os tornachuvias laterais en granito e beirais nos lados anterior e posterior da edificación. Na parede interior amosa un fachinelo orientado á canella. Gravuras ilexibles na padieira dereita e cruces gravadas no canto interior desta mesma padieira. Está situado ao carón do Camiño Portugués. Cuberta a dúas augas de tella curva do país.

No ano 2022, o Concello de Valga promoveu un proxecto de restauración do muíño que incluíu a limpeza da contorna e a eliminación da maleza e hedras que cubrían o muíño, o encintado dos muros de pedra, a colocación de pavimento en lousa e pedra e unha nova cuberta de madeira de castaño e tella do país. Ademais, limpouse todo o conxunto cunha hidrolimpadora para retirar os musgos e liques acumulados co paso do tempo. Tamén se instalou un panel explicativo sobre este muíño hidráulico.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AA048
  • Outras denominacións: Muíño do Nogueiral ou Muíño de Chenlo
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Chenlo
  • Acceso a pé: Regular
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Restaurado en 2022.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-447 e CP-422)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Diario de Pontevedra

    La Voz de Galicia

    Concello de Valga

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Corgo do Castelo

Presa de Chenlo

Lavadoiro da Torre

Fonte e lavadoiro Nº 1 de Casal do Eirigo