Muíño de Pardal

Muíño de Pardal - Valga - San Miguel de Valga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. As paredes amosan un fachinelo frontal, unha seteira lateral e unha lacena no interior. Presenta alomenos dúas cruces latinas gravadas na padieira esquerda e outra no lintel. A compartimentación do espazo produciuse por medio dun tabique baixo transversal. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derrubado.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AA040
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Chenlo
  • Acceso a pé: Malo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    En moi mal estado e cuberto pola vexetación.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-448)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Lavadoiro do Souto

Muíño Nº 2 do Pino

Muíño do rego de Vilariño

Muíño de Barro