Muíño da Cima da Fervenza

Muíño da Cima da Fervenza - Valga - San Miguel de Valga

Imaxe: Galicia Máxica

Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño do tipo canle, de planta rectangular construído en cachotaría granítica unida con cemento. As paredes foron desmanteladas de maneira moi violenta, aínda que hoxe se conservan ben a porta e unha seteira no lado da canella, así como un fragmento de capa foi reutilizado como tampa terminal desta última. Obsérvase unha cruz latina gravada na base da padieira dereita da porta. Presenta tellado a dúas augas coa cuberta en tella do país. Entre os restos derrubados atópanse fragmentos de tella de media cana, correspondentes á cuberta orixinal.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AA033
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Cima da Fervenza
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-446)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Galicia Máxica

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Presa do Poño

Fonte e lavadoiro de Magariños

Muíño de Matamá

Lavadoiro de Balleas