Muíño do Agrelo

Muíño do Agrelo - Valga - San Miguel de Valga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído. Consérvase a porta de madeira. As paredes amosan unha seteira horizontal nun lateral e un fachinelo sobre a canella de entrada da auga. Distínguense alomenos unha cruz latina gravada sobre a padieira esquerda e un tabique baixo inferior transversal de dous módulos. As xuntas da cachotería interior foron recebadas con cemento.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AA044
  • Outras denominacións: Muíño da Insua de Cima
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: A Eirexe
  • Acceso a pé: Malo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    En mal estado e cuberto pola vexetación.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (CP-449)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño Nº 2 do Pino

Lavadoiro do Souto

Muíño de Pedras Negras

Bomba de auga de Ponte Valga