Busca

Amosando 145 - 168 de 559 resultados da busca.

Fonte situada no cruce de camiños que vai a Burés, sobre a estrada de Araño, xunto ao Cruceiro de María Dis. Corpo central de cantaría de granito, composto por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto coa data de construción da fonte (1962). Pía rectangular a rentes do chan e un pequeno mesado semicircular sobre un pé…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Muíño situado na beira do río Té, na contorna dun espazo verde ao sur das Miráns. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Fonte de pedra situada nunha finca particular, á que se accede desde un camiño presidido pola Cruz do Rei. Volume prismático de cantaría dun só cano, con pía rectangular a rentes do chan.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro reconstruído polos veciños de Rañó no ano 1949.

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Muíño situado na beira do río Té, ao norte do lugar da Devesa. Construción de planta rectangular con muros de cachotaría de pedra e cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Muíño situado na beira do río Té, ao oeste do lugar da Castiñeiriña. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario.…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Muíño situado á beira do río Lustres, cunha tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

O Muíño do Melcho está situado á beira do regato de Quintáns, sobre a marxe leste da estrada que comunica os lugares de Piñeiro e A Lagarteira. Construción de planta rectangular con muros de cachotaría e cuberta a dúas augas de tella, con lousas de granito sobre o muro piñón. Canle perpendicular á fachada oeste e acceso nun lateral.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño situado ao sur do lugar da Igrexa, nas leiras da parte de atrás da Igrexa de Santa María de Leiro e do cemiterio. Acceso mediante un camiño que leva á fonte e lavadoiro da Igrexa. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular de muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Muíño situado ao sur do lugar de Rial, na marxe do río do Mar ou rego de Rial, no camiño que leva ao Porto de Leiro pola Ponte de Rial. Construción de planta rectangular resolta con muros mixtos de cachotaría e cantaría, coa cuberta a dúas augas formada por grandes lousas de granito sobre estrutura de…

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Fonte de pedra situada sobre o acceso ao lugar da Lagarteira, fronte ao cruceiro do mesmo nome. Está situada a un nivel inferior con respecto á rúa, delimitada por muros de granito. Corpo principal rectangular empotrado no muro, sobre o que se alza unha peza superior triangular. Fonte dun só cano metálico, que verte a unha pía rectangular a rentes do chan.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

O Muiño de Gómez da Vacariza está situado á beira do rego dos Campelos, ou rego de Bacelos, entre os dous centros do núcleo, nunha carballeira. Construción de planta rectangular con muros de cachotes de granito e cuberta de tella a dúas augas. Canle perpendicular á fachada sur, con oco alintelado de grandes dimensións. Ten un sifón invertido para superar o paso dun camiño.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

O Muíño do Souto da Vacariza está situado nun espazo verde da Vacariza, á beira do rego dos Campelos, tamén chamado rego de Bacelo. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra, cantaría nas esquinas e nos ocos, e cuberta a unha auga de fibrocemento Canle delimitada por muros de cachotaría paralelos ao camiño e fachada principal coa boca do inferno e cun pequeno oco nun lateral.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Lavadoiro de granito situado á beira do rego de Quintáns, baixo a estrada principal do lugar de Sestelo, xunto ao cruce da Lagarteira. Está situado a un nivel inferior, delimitado por muros de formigón e acceso nun lateral mediante unha pequena escaleira. Lavadoiro de planta rectangular con lousas inclinadas para lavar en dous dos seus lados.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño situado á beira da estrada principal, sobre o rego de Quintáns, nun extremo do núcleo, xunto á Fonte de Cons. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella. Fachada principal con acceso mediante porta alintelada e unha pequena fiestra lateral, sobre a boca do inferno.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño situado á beira do regato de Quintáns, sobre a marxe norte da estrada principal. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra, e cuberta a dúas augas de tella con lousas de granito sobre o muro piñón. Acceso nun lateral mediante porta con lintel de granito en arco rebaixado.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño situado sobre a marxe oeste do rego de Quintáns, ao sur de Sestelo. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño situado na beira do rego de Burés, xunto á Fonte do Muíño e a un espazo verde. Tipoloxía propia destas edificacións, de planta rectangular con muros de pedra e cuberta inclinada de tella.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Muíño situado sobre a marxe leste da estrada principal, ao sur do lugar do Batán, xunto á ponte sobre o río Té. Planta rectangular e muros de cachotaría de pedra, con cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira. Acceso desde un lateral mediante porta alintelada.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Muíño situado á beira da estrada que une os lugares da Marquesa e Asadelos, xunto á Fonte da Marquesa. Construción semisoterrada, de planta rectangular cos muros de cachotaría de pedra e cuberta inclinada de fibrocemento. Boca do inferno alintelada na fachada á estrada, e pequenos ocos de ventilación no resto das fachadas.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Conxunto de dous muíños á beira do regato do Campo Treito, ao leste do lugar da Ermida. Construcións de plantas rectangulares resoltas con muros de cachotaría de granito e cubertas a unha auga. Accesos nun lateral mediante porta alintelada, e pequenas fiestras no resto das fachadas. Canle de cachotes de granito que baixa do monte e atravesa as dúas construcións, apoiada puntualmente sobre pilastras.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga