Busca
Cruceiro localizado no xardín da vivenda Nº 15 da rúa Sagasta.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Inaugurado o 21 de agosto de 1966, trátase dun cruceiro do tipo de imaxe, localizado carón do Camiño de Santiago. Segundo Estanislado Fernández de la Cigoña Núñez, esta columna co Apóstolo Santiago, forma parte do Via Crucis da Ruta Xacaboea do Mar de Arousa.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Na entrada ao parque infantil da avenida de Vigo, emprázase un cruceiro do tipo de cruz, probablemente vinculado á Igrexa Parroquial de Pontecesures, situada a poucos metros deste.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Infesta, á beira do Camiño de Portugués. Na parte superior da entrada lese a seguinte inscrición: “UNA DE DOS O NO ENTRAR AQUI O ALABAR A DIOS. ANO DE 1814”. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Infesta, á beira do Camiño de Portugués. Na parte superior da entrada e nunha pedra lense as seguintes inscricións: “NADIE PASE ESTE UMBRAL O A DIOS ALABAR. AÑO 1814" e "BREVE LA VIDA. NADIE PASE". A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a unha vivenda no lugar Carreiras, coñecido como A Horta do Curto. O cerramento é de cantaría con arco de medio punto, coroado por unha sinxela cruz. Existe outra cruz máis inserida na fachada da vivenda.…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Cruz de granito, ao carón do Camiño de Santiago, asentada sobre unha base de cantería co pedestal cúbico.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Cruz pola que pasaba o camiño por onde se levaban os defuntos para soterrar a Pontecesures.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Localizado nos antigos terreos do Campo da Feira. Aquí localizábase a caseta expendedora de leite fresco, que viña en bidóns, despois de pasar o control sanitario previo na fábrica de leite condensada Ilepsa-Nestlé. En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Situado na nova estrada construída nos anos 50 que une Santiago e Pontevedra. A primitiva estrada discorría polo centro de Pontecesures. O Túnel do Cantiño é paso obrigado para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Compostela.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
A Igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír polo Bispo Diego Xelmírez, sobre a antiga Capela de San Xulián en 1908. Rematouse de construír o 1 de outubro do ano 1116. Segundo a carta arqueolóxica editada polo Museo de Pontevedra, no ano 1918 foi localizada nesta capela unha ara dedicada a Xúpiter, outra ofrecida aos Lares e outras dúas ilexibles; todas elas permanecen actualmente no Museo de Pontevedra.
San Xulián de Requeixo é un…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa
A partir do ano 1968, San Xulián de Requeixo, quedou desligado da parroquia de Santa Mariña de Herbón (Padrón) por mandato do Arcebispo de Compostela, Miguel García Cuesta. Até entón o culto víñase celebrando na antiga Capela de San Xulián e na desaparecida Capela de San Lázaro, vinculada ao Lazareto de San Lois. No ano 1875, unha xunta parroquial acordara construír un…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa
Capela que se localiza no camiño de subida ao Miradoiro do Galiñeiro, emprazada no interior do Cemiterio de Pontecesures.