Busca

Amosando 121 - 144 de 1614 resultados da busca.

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento, vinculado ao conxunto do Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de pedra emprazada nunha encrucillada de camiños, ao pé do Cruceiro de San Miguel de Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Vinculada á Capela dos Martores, trátase dunha fonte feita con pedras de granito e cano metálico.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior, para posteriormente repartila aos prados existentes na contorna. Está pechado polo sur por un muro de cachotería granítica asentada en seco, duns 5 metros de longo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

No leito do río Valga e construída en pedra. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Lavadoiro do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Antigamente pertencía a unha das capelanías do Santuario da Escravitude. Foi rehabilitado pola Fundación Paideia no ano 2007.

Este xardín conta cun grande interese didáctico e cultural, xa que por unha parte constitúe unha proba de como se poden aproveitar os espazos pedregosos, con pendentes pronunciadas e escaso solo, como áreas de esparexemento, e por outra permite coñecer plantas pouco habituais nos xardíns galegos.

A práctica totalidade das plantas…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Esta estación, hoxe desaparecida, era moi semellante á que na actualidade aínda existe en Padrón.

Cando apenas pasaran dezanove días desde a inauguración da liña de ferrocarril, apareceu un anuncio na páxina tres do número 382 do xornal El Diario de Santiago, onde se publicaba que, con motivo da festividade da Virxe do Rosario da Escravitude, se poñía a disposición do público un servizo de trens extraordinarios para o domingo 5 de outubro de 1873. O…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Edificio de planta irregular, formado por varios corpos rodeando un patio. Construído a base de cantaría e perpiaños de granito, con teito a dúas augas, agás nos corpo máis alto que vai a catro. Na fachada ten unha escaleira e un patín en forma de U. Un muro rodea a finca, cunha zona axardinada na zona da entrada do pazo, onde se localiza a Capela de Santa Cruz.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura civil

Este era o lugar onde se construían as travesas de madeira do dique que protexía Padrón das augas do río Sar durante os séculos X e XI. Esta construción prolongábase ao norte pola rúa Ferreiros, na que, como seu nome indica, asentábase o gremio de ferreiros da época.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Zona histórica onde se localizaba o gremio dos panadeiros en Padrón.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil