Busca

Amosando 97 - 120 de 665 resultados da busca.

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Raxoi.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta cuadrangular que se engloba no conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Desabanda.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, que se engloba no conxunto de edificacións que conforman a casa reitoral de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 7 metros de diámetro, con muros en fábrica de pedra e cuberta de tella curva. Englóbase no conxunto de edificacións que conforman a Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería de pedra acabados ao exterior con morteiro de cemento e pintura branca.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

A Ponte do Souto ou do Camiño Real, cruza o río Valga, emprazándose no antigo Camiño Real que na actualidade está anulado polo trazado do ferrocarril. A ponte está realizada mediante tallamares de pedra e taboleiro alintelado, tamén de pedra. Dátase da época medieval, aínda que popularmente é coñecido como a Ponte Romana.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Obra civil

Pontella que salva ao río Valga, formada por dous muros de pedra asentados en seco, sobre os que se sitúa unha lousa de granito de 0,67 metros de ancho e 3 metros de longo.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pontella que salva ao río Valga moi preto da Capela dos Martores e que formaba parte do camiño sacramental montesío que unía o desaparecido Mosteiro de San Paio ou San Paio da Granxa, cos núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Actualmente, os elementos conservados máis salientables…


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Por un Real Decreto de 1761 deu comezo a construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. En 1763 iníciase a construción dos trazados en Galicia. Os legoarios marcaban as distancias en légoas entre as principais poboacións. Cada legoario debería estar colocado cada 6,687 quilómetros.

Construído en granito de forma paralelepípeda. Presenta unha base cúbica e un remate en pirámide. Está na estrada que une Santiago e…


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Ponte que dá nome á capital do concello. Probablemente construída na mesmo momento en que se fixo o Legoario de Valga, situado na Tarroeira. Co Real Decreto de 1761 deu comezo á construción dunha rede de camiños que partían de Madrid e comunicaban distintas poboacións. Con toda probabilidade foi erixido cando a construción da rede de estradas nas derradeiras décadas do século XVIII,…


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado nunha finca do cura ao carón da Igrexa de Santa Cristina de Campaña. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Obra civil

Situado no campo da festa, compartindo espazo co Cruceiro Nº 2 do Campo e a Escola de Xanza. De base rectangular, todo o palco estaba construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e marrón. Por un dos laterais accedíase á base inferior, que era utilizada como almacén…


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso dun regato afluente do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Ponte construída en pedra que salva o curso do río Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro, coa cuberta de tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Obra civil

Situado no campo da festa de Cordeiro. De base poligonal e construído en metal e pedra.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pontella sobre o río Valga que conserva as bases orixinais de pedra, mais a plataforma está formada por unha prancha de formigón


Valga - Santa María de Xanza | Obra civil

Hórreo de anchura con paneis en pedra de cantería. Destaca no pincho os accesos do pombal que se intúe debaixo da cuberta do hórreo. O cerramento da cámara é de madeira cun parteluces en fábrica de pedra o medio da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena. O hórreo atópase asentado sobre muro de cantería pechado, aproveitándose para o seu uso a parte inferior, con entradas para as pombas. A cuberta é de dúas augas con tella…


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara con penais en pedra de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra. O acceso ao hórreo realízase polo lateral da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas en pedra de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais quen rematan con motivos relixiosos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara cos penais en pedra de cantería, sen elementos de ventilación, o que lle confire un aspecto robusto. Ten soleira con tornarratos con sopena e as cepas tamén en pedra de cantería. A cámara está recuberta de madeira con parteluces de pedra en tres treitos. A cuberta é de tella plana, ben rematada polas sobrepenas dos penais e con motivos relixiosos.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo de anchura executado en fábrica de ladrillo con esquinais e traveseiros en pezas de cantería. Asentado sobre soleira a modo de muro de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena. O acceso faise dende o penal. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais que o rematan.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo de anchura con penais de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra, asentado sobre soleira tamén en pedra con tornarratos continuo no perímetro, rematados con sopena. O hórreo encóntrase asentado sobre muro de cantería. A cuberta é de dúas augas con placas de fibrocemento, protexidas polas sobrepenas dos penais.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos