Busca

Amosando 145 - 168 de 301 resultados da busca.

Fonte de pedra situada nunha vía paralela á estrada principal de Ourolo, sobre un cruce de camiños. Está formada por unha peza rectangular de cantaría incrustada nun muro, con cornixa superior moldurada. Cano central sobre un círculo tallado, con marco perimetral. Pía a rentes do chan, cuberta por unha reixa metálica.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro situado na marxe leste da estrada principal de Ourolo, ao paso dun rego que atravesa a estrada e fornece de auga ao Muíño de Ourolo.

O lavadoiro é de planta rectangular con lousas inclinadas en tres dos seus lados, con cuberta a catro augas de…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro situado xunto ao acceso da Igrexa de San Salvador de Taragoña, na contorna da finca da casa reitoral, á que tamén se lle coñece co nome de Fonte do Cura. Está situada a un nivel inferior,…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Paradela.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte de pedra situada no espazo central do lugar de Paradela. Está composta por un corpo troncopiramidal de cantaría de granito, sobre unha pía rectangular delimitada por tres lousas cun pequeno mesado acaroado nun lateral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Cruceiro de granito situado no adro da Capela de San Bartolomeu, da tipoloxía de capeliña.

Cruceiro do ano 2003, obra do escultor Cabeza Quiles, con plataforma de tres chanzos de sección cadrada. A continuación un groso varal de sección cadrada coas arestas…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado fronte á porta de entrada do cemiterio municipal, da tipoloxía de cruz.

Plataforma cadrada e fuste de sección circular cunha imaxe dun santo, e cun capitel de remate superior con decoración vexetal. Cruz latina sen imaxes con plataforma de apoio moldurada e sección cadrada con remates nos vértices. Ten un altarciño de granito nun lateral.…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito que preside a Praza Rafael Dieste, fronte a Igrexa de Santa Comba de Rianxo.

Plataforma con catro chanzos de sección cadrada. A súa base moldurada posúe unha inscrición moi erosionada. O varal, que nace en sección cadrada e segue en…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito que preside A Praciña, situado detrás da Praza de Manuela, xunto ao Paseo da Ribeira. Trátaste do cruceiro máis antigo de Rianxo.

Plataforma de cinco chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada, con caveiras nos ángulos, da paso a un varal que…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira do camiño principal do Burato, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma de dous chanzos e base cadrada con toro e escocias, sobre a que se ergue un fuste de sección octogonal con decoración no extremo inferior e imaxe central, que remata en forma circular. Capitel troncopiramidal inverso decorado con formas vexetais e cruz de sección…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado na marxe oeste da estrada de Fachán, no cruce do camiño á Senra, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma con dous chanzos cadrados e base cúbica moldurada na que aparece a seguinte inscrición: “MANUEL NOVO Y SU FAMILIA RECONSTRUIDO AÑO MCMLVI”. O varal, de sección cadrada con acanaladura central, dá paso a un capitel decorado con rostros de…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no cruce central de Pastoriza, na marxe leste do camiño principal, da tipoloxía de crucifixo.

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas dá paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue en cilíndrica. Na súa metade aparece un relevo algo erosionado coa imaxe dun santo. O capitel…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Conxunto de fonte e lavadoiro xunto a un muíño, á beira da estrada principal que leva a Pastoriza. Lavadoiro de planta rectangular cun pequeno tanque acaroado nun dos extremos. Lousas inclinadas en dous dos seus lados e fonte dunha peza de granito nunha esquina, que verte directamente ao lavadoiro.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Outeiro, na marxe do rego do Floxo.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Cuvide.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Fonte Susán.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte no lugar da Laxe.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na desembocadura do río Lustres.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Conxunto de cruz e baixorrelevo na fachada dunha vivenda localizada nun cruce de camiños, baixo a estrada principal.

Cruz sinxela con imaxe apoiada sobre unha base moldurada e peza de granito con imaxes na cara frontal representando a escena da Virxe das Neves.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Sinxelo peto realizado en pedra coroado por unha imaxe da Virxe acaroado á fachada dunha vivenda situada na marxe sur da estrada do Campo de Pazos.

Fornacina central en arco de medio punto con molduras perimetrais e porta metálica con formas florais. No seu interior garda unha representación policromada.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruz situada á beira do camiño que comunica Iñobre e o Campo de Pazos.

Cruceiro dunha soa peza de granito composto por unha cruz latina sen imaxes de sección octogonal con remates florais nos vértices superiores. Está apoiado sobre unha base prismática coas arestas laterais chafranadas e remates superiores redondeados.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruz de granito situado no cemiterio parroquial, xunto á Igrexa de San Salvador de Taragoña.

Cruceiro dunha soa peza composto por unha cruz latina sen imaxes, de sección octogonal con remates florais nos vértices superiores. Está apoiado sobre unha base…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Emprazada sobre portalón, situada na marxe oeste dun camiño, perpendicular á estrada de Fachán.

Cruz sinxela de aspecto leñoso con dúas imaxes: un Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Conxunto de cruceiro da tipoloxía de crucifixo e peto de ánimas situados á beira do camiño principal do núcleo de A Burata.

Plataforma de dous chanzos cadrados. A súa base cúbica coas arestas rematadas en chafrán posúe unha inscrición no que aparece o ano da súa construción, e di o seguinte:

“A…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos