Cruceiro das Brañas

Cruceiro das Brañas - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: María Soledad Pintos Peñaranda

Cruceiro de granito situado na marxe oeste da estrada de Fachán, no cruce do camiño á Senra, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma con dous chanzos cadrados e base cúbica moldurada na que aparece a seguinte inscrición: “MANUEL NOVO Y SU FAMILIA RECONSTRUIDO AÑO MCMLVI”. O varal, de sección cadrada con acanaladura central, dá paso a un capitel decorado con rostros de querubíns nas súas catro caras. A cruz, de recente factura, é de tipo latina e nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre unha peaña no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER103
  • Outras denominacións: Cruceiro de Fachán
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1956
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Fachán
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-090)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro dos Calotes

Cruceiro de Moroso

Cruz Nº 3 da Igrexa de Santa María de Asados

Cruceiro do Souto