Busca

Amosando 265 - 288 de 448 resultados da busca.

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao”. As praias do Tronco e…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Parte saínte da costa na que se localiza o miradoiro de Tanxil.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Tamén coñecida polo nome da Punta da Posta, trátase dunha parte saínte da costa localizada entre a Praia da Torre e a Praia do Porto de Taragoña.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Pombal no interior dunha finca en pendente, situada ao norte de Fonte Susán. Planta circular de muros de cachotaría de pedra enfuscados e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira que se prolonga na parte traseira. Cornixa de grandes lousas de granito.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada no Cruceiro. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Conxunto de fonte e lavadoiro xunto a un muíño, á beira da estrada principal que leva a Pastoriza. Lavadoiro de planta rectangular cun pequeno tanque acaroado nun dos extremos. Lousas inclinadas en dous dos seus lados e fonte dunha peza de granito nunha esquina, que verte directamente ao lavadoiro.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Outeiro, na marxe do rego do Floxo.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Cuvide.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Fonte Susán.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte no lugar da Laxe.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na desembocadura do río Lustres.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Datar esta igrexa é complexo. O seu trazado gótico, con reminiscencias románicas, leva a pensar que sería construída entre os séculos XIII e XIV. O século que si está documentado é o XV. No edificio houbo grandes reformas en datas posteriores: a finais do XVI realizouse a sancristía e no XVIII (1727) o campanario barroco, aproveitando a pedra do derruído

Capela que data do século XVII situada no Porto de Rianxo, vinculada aos señores do Pazo dos Calotes. Orixinariamente situada nun illote que, tras os sucesivos recheos portuarios, foi incorporada a terra firme, reconstruíndose por completo ao trasladala. En 1854…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura relixiosa

Parte saínte da costa preto da Praia do Tronco.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Pequeno illote de rochas fronte á Praia do Castiñeiro.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Entrante da Ría de Arousa en Rianxo que serve de abrigo ás embarcacións.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Pombal no interior dunha finca en pendente, situada ao norte do Monte da Dorna. Planta circular de muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira que se prolonga sobre os ocos de acceso das pombas. Cornixa e asoleirado perimetral de lousas de granito.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada na aldea do Monte de Dorna. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada na aldea da Laxe. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Muíño situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal que atravesa Ourolo. Planta rectangular de muros de cachotaría parcialmente enfuscados e cuberta a unha auga de fibrocemento. Fachada principal ao camiño, cunha boca do inferno central baixo unha fiestra de carpintería de aluminio, aberta recentemente.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Muíño situado no lugar de Pastoriza, xunto á fonte e lavadoiro. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella, actualmente derrubada. Está situado a un nivel superior, con acceso desde o camiño mediante escaleiras de pedra e porta alintelada de madeira na fachada lateral…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar da Senra.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

A Enseada de Beluso está formada pola desembocadura do río Beluso e o río Brea.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 165 metros, localizada entre a Punta de Iñobre e a Praia da Torre.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais