Busca

Amosando 73 - 96 de 194 resultados da busca.

Xacemento arqueolóxico no Monte Galiñeiro.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía

Antigo meandro do río Sar, onde segundo o mito da Traslatio se atoparía o embarcadoiro cunhas escaleiras, que serían as que daban acceso á pedra onde se tería depositado o corpo do Apóstolo Santiago.

Trataríase dunha gran pedra duns cinco metros de lonxitude e de forma cuadrangular, correspondente cunha estrutura citada nos documentos dos séculos XV e XVI. A…


Padrón - Santiago de Padrón | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Peto de ánimas no lugar de Pedroso do Norte, do que abrolla auga a través dun cano de pedra que vai dar a un lavadoiro.

Segundo contan os veciños, o peto é un engadido relativamente recente (século XX). As imaxes (Virxe das Angustias, San Francisco...) estaban nunha…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste ou varal colocado sobre unha plataforma elevada na que se coloca un pedestal cadrado coas arestas superiores redondeados. O fuste comeza de forma cadrada e parece ter algunhas inscricións ou debuxos. Logo vólvese octogonal. O capitel está precedido dunha pequena moldura e ten forma cadrada, con tres molduras e sen máis decoración. A cruz é de sección cadrada e comeza con bordos chafranados até aproximadamente un terzo da altura…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruz inserida nunha rocha no lugar de Extramundi de Arriba, a escasos metros do muro de peche do Pazo da Torre do Monte.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz localizado no interior dunha propiedade privada no lugar de Cruces. O capitel é de forma redondeada e a cruz de forma cadrada, mais talladas de forma irregular.


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruz e gravado no lintel de acceso a unha vivenda no lugar da Porta dos Mariños.

O texto que segue a continuación é autoría de Fernando Cabeza Quiles.

Xa hai ben anos que nos chamou a atención o topónimo…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz nunha propiedade privada no lugar de Tarrío. Comeza cunha plataforma de dous chanzos sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dúas arestas superiores chafranadas de forma convexa. O fuste comeza de forma cadrada e logo pasa a ser octogonal. Na parte cadrada ten unhas molduras. O capitel comeza cunha  moldura de forma octogonal e continúa con varias molduras máis que van crecendo en tamaña cara arriba. A cruz é de sección…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz á beira do Camiño Portugués. Plataforma de dous chanzos de forma cuadrangular sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dous pequenos pilotes no perímetro dos chanzos na parte frontal do mesmo. Enriba o pedestal colócase o fuste ou varal que ten sección hexagonal en todo o percorrido. O capitel ten unha primeira moldura da mesma sección que o fuste…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, situado no claustro do Convento de Santo Antonio de Herbón. Na longa cruz, de extremos cadrados, imaxe de Cristo, e ao outro lado a Virxe. Capitel sinxelo, varal liso e redondo, peaña cúbica e base de tres chanzos. Substitúe a outro máis antigo que foi destruído polos soldados de Napoleón III, e que se conservan algúns restos…


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Santa Cruz da Granxa. Ao carón da capela, trátase dun pequeno cruceiro situado no xardín de entrada do pazo. Longa cruz, varal curto e peaña cúbica.


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos