Cruz da Porta dos Mariños

Cruz da Porta dos Mariños - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: María Soledad Pintos Peñaranda

Cruz e gravado no lintel de acceso a unha vivenda no lugar da Porta dos Mariños.

O texto que segue a continuación é autoría de Fernando Cabeza Quiles.

Xa hai ben anos que nos chamou a atención o topónimo Porta dos Mariños, nome dunha aldea da parroquia padronesa de Santa María de Iria Flavia. Pensamos que na primeira parte deste nome de lugar está a palabra "porta" igual a 'abertura feita nunha parede para poder entrar e saír', mentres que na segunda se cita o apelido Mariño en plural, en referencia a unha familia así apelidada, que tería no lugar unha propiedade murada na que destacaría unha porta máis ou menos suntuosa ou monumental. A porta da foto, situada na aldea chamada Porta dos Mariños, podería ser a citada no topónimo, pois forma parte, segundo puidemos comprobar, dunha gran propiedade amurallada na que destaca, á parte da porta, a vivenda de morada (en parte "modernizada"), varias pequenas construcións adxectivas e dous hórreos, hoxe en ruínas. Contigua á aldea Porta dos Mariños atópase a de Anteportas, que  estaría situada dende unha determinada dirección ou perspectiva, antes ou ante varias portas, unha das cales sería a de Porta dos Mariños, apelido que en orixe pertenceu á "nobreza" e que deu orixe a diversas e fantasiosas lendas.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Matanza

Cruceiro Nº 2 de Pedreda

Cruceiro do Cemiterio da Matanza

Cruceiro Nº 1 de Pedreda