Busca
Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga con remate de tella camba.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Construción a partir de muros de cantaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella camba.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Pexegueiro, antigo lavadoiro da aldea.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede a través duns chanzos de pedra. Esta atópase integrada por un paramento vertical executado en cantaría e rematado de forma circular na súa parte superior, rebaixado na súa fronte, cun só cano, e unha pía onde cae a auga. Perimetralmente, polo sur, muro de contención.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño de planta rectangular e estrutura a partir de muros de cadeirado e cuberta a unha soa auga, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Túmulo na ladeira sur do Monte Xiabre.
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía
Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía
Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía
Muíño de cubo na ribeira do rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga
Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.
…
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arquitectura da auga
Muíño na ribeira do rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga
Muíño na ribeira do rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga
Xacemento catalogado na Punta do Rego.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
Gravado rupestre localizado na contorna da Torre do Meadelo.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
Xacemento catalogado na Punta Grandoiro, lugar a onde chegaba un camiño antigo e críase que os mouros tiraban alí os seus tesouros
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
No lugar do Salgueiral atopábase a Torre de Meadelo, da que na actualidade só se pode ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos. Estas fortificacións serían a Torre da Lanzada, en Sanxenxo, a…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha enchida de petróglifos localizada no Salgueiral. Recollida na historiografía erudita desde principios de século, por autores como Hugo Obermaier ou Fermín Bouza Brey, nunca foi totalmente esquecida. A cantidade de lendas fixadas na memoria oral alusivas a esta pedra, falan da importancia desta pedra, paisaxe mítica do lugar:
Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía
No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Os Ballotes son uns dos máis coñecidos e estudados petróglifos de Galicia desde comezos do século XX. Ademais, dado o seu pronto descubrimento e o seu interese, é unha das estacións de arte rupestre máis citadas pola bibliografía. Foi repetidamente citado nas sínteses de numerosos autores, e visitado a principios e mediados de século por numerosos investigadores ilustres.
O conxunto de petróglifos dos Ballotes está situado na…