Busca

Amosando 169 - 192 de 280 resultados da busca.

Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría.

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría.

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Xunto con outro muíño, localízase na ribeira do rego que baixa polo Monte de Beiro até confluír no río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.

Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.

Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Muíño localizado na ribeira do rego de Imo. Construción de planta rectangular restaurada no 2012 polas obras do tren de alta velocidade ao seu paso por Imo.

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas.

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía bautismal do século XVIII onde  foron bautizados o 20 de xullo de 1871 Ovidio e Gala (Ovidio Emmanuel e Gala Blanca Eleonora) Murguía Castro, os fillos xemelgos de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, nados nas Torres de Hermida en Lestrobe, o día 2 do mesmo mes.

Colocada…

Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

A Xunta de Galicia iniciou os trámites para incluír este muíño no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, segundo figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de novembro de 2023, e do que se extrae o texto que segue a continuación.

O Muíño de Barro está nunha contorna rural de agra,…

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.

Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Con case 13 metros de longo, é o lavadoiro máis longo de Valga. Está integramente construído en formigón e a cuberta de fibrocemento. Emprazado na ribeira do río Valga, xunto ao Muíño da Torre.

Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Situado na ribeira do río Valga, xunto ao Lavadoiro da Torre. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas, coa cuberta en tella do país.

Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Ao borde dunha pista, nunha finca.

Cruceiro de granito. Mide 3 metros de alto e 1,13 de ancho. O baseamento é unha grada cuadrangular. O pedestal é cúbico rematado con chafráns, rematada en toro. O varal é un fuste de sección cuadrangular no inicio e octogonal no resto. Do capitel só fica un anaco, con ábaco cilíndrico. A cruz é…

Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

No encontro de dous camiños, na beira da rúa que atravesa o núcleo.

Cruceiro de granito e cemento. Mide 5 metros de alto por 1 de ancho. O baseamento é unha grade de sección cuadrangular. O pedestal é unha basa prismática con arestas da cara superior matadas. O varal é un fuste de…

Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Atópase xunto a un hórreo en Bustelo, nunha pequena praciña con chan de cemento, no ángulo SW da aldea.

O cruceiro é de factura moi ruda. Non ten baseamento nin pedestal. O varal é un fuste de sección circular. O capitel está decorado con follas de acanto. A cruz é latina de sección octogonal; desproporcionada con respecto ao resto do conxunto.

O Cruceiro de Alfredo atópase no antigo…

Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Nunha contorna rural, no cruce de tres camiños.

Cruz simple de granito, con 55 centímetros de base e 1,35 metros de altura. Non ten baseamento, pedestal de base prismática coas arestas da cara superior en chafrán, cunha inscrición dentro dun recadro (ilexible). Non ten varal nin capitel, e a cruz é sinxela, de tipo latina, cos ángulos rematados en…

Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Nunha pequena praza onde se cruzan cinco camiños, baixo unha parra, no lugar de Manselle coñecido como O Souto, no centro da aldea.

Cruceiro do tipo de crucifixo, construído en granito, ao carón da Casa de Camoiras. O baseamento é sobre 5…

Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Na actualidade forma parte do muro de peche de propiedade dunha vivenda privada do núcleo, ao longo da estrada AC-307.

Cruceiro de granito. Non ten baseamento. O pedestal é cuadrangular, remata con chafráns. O varal é de sección octogonal, comeza e remata cadrado. O capitel é cúbico. A cruz é de sección cuadrangular, con brazos con chafráns, con remates…

Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz, sen bancadas e base prismática con forma piramidal na súa cara superior. Fuste de sección octogonal e capitel sinxelo prismático, de pequenas dimensións, decorado nas súas caras laterais e que aloxa unha sinxela cruz, sen imaxes.

Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos