Cruceiro do Botafal
Imaxe: Cruceiros de Galicia
No encontro de dous camiños, na beira da rúa que atravesa o núcleo.
Cruceiro de granito e cemento. Mide 5 metros de alto por 1 de ancho. O baseamento é unha grade de sección cuadrangular. O pedestal é unha basa prismática con arestas da cara superior matadas. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e octogonal no resto. O capitel é sinxelo, con parte cónica e prismática. Parece de cemento. A cruz é de sección cadrada, con Cristo no anverso e a Virxe oradora no reverso.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, tería máis de 100 anos. No 2010, segundo contan os veciños, hai uns 3 meses un coche ou tractor chocou co cruceiro e moveu a cruz, a cal foi retirada polo Concello para a súa restauración. Unha veciña comentou tamén que pensaba que este cruceiro estaba situada antigamente nunha pista ao lado da actual escola, sendo coñecido como o Cruceiro da Canle, o cal foi cambiado de sitio. Os cortexos fúnebres paraban ao pasar diante.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-ER022
- Outras denominacións: Cruceiro da Veiga ou Cruceiro da Canle
- Tipoloxía: Elementos relixiosos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xoán de Laíño
- Lugar: Teaio
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Mala, non conserva a cruz. Parece que foi restaurado hai máis de 10 anos.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-22)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.71522621999 , -8.7518963599205
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.