Cruz da Estivadiña

Cruz da Estivadiña - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Histdodro

Nunha contorna rural, no cruce de tres camiños.

Cruz simple de granito, con 55 centímetros de base e 1,35 metros de altura. Non ten baseamento, pedestal de base prismática coas arestas da cara superior en chafrán, cunha inscrición dentro dun recadro (ilexible). Non ten varal nin capitel, e a cruz é sinxela, de tipo latina, cos ángulos rematados en chafrán e os extremos de sección cuadrangular.

Data de 1813. Antigamente empregábase como lugar de soterramento de bebés non bautizados. Hoxe segue a ser un lugar de culto relixioso e parada de procesións. A Carreira das Bestas era o vello camiño sacramental que baixaba desde onde está o Cruceiro de Don Pedro, en A Cruz, até O Rialiño. O cruceiro cambiouse de sitio por unha ofrenda e roubáronlle a cruz varias veces.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER024
  • Outras denominacións: Cruceiro dos Carballiños ou Cruz de Rialiño
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1813
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Rialiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-24)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Gradín

Cruceiro da Brañiña

Cruceiro da Veiga

Cruceiro de Tarrío