Busca

Amosando 121 - 144 de 232 resultados da busca.

No leito do río Valga e construída en pedra. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Lavadoiro do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

O Pozo do Conxeiro foi feito polos veciños de Eiró para empozar o liño que era cultivado na aldea. Sempre foi Eiró aldea de gran produción de liño, que se sementaba en Semana Santa na Horta do Liño, no Navaliño ou na Veiga. Era tal a importancia do liño, que cando se miraba para as leiras no final do mes de Santiago víase unha gran explanada de cor azul escuro que semellaba unha marea, a poucos tranquila e a poucos con marusía, que se confundía co devalar do río Ulla ao…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura industrial

Corría o ano 1921 cando o Concello de Valga concedía ao empresario vigués Manuel Posada Fernández, asociado a Manuel Otero Bárcenas, tamén de Vigo, permiso para “edificar una casa de labranza baja, destinada a cocer teja y ladrillo, contigua a un galpón para depósito de maquinaria” no lugar da Torre, na parroquia de Campaña.

As primitivas instalacións van completarse no paraxe chamado Gándara de Campaña cunha eira de secado e un secadoiro aberto, un motor…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Servía para o tráfico de materiais e mercadorías da Cerámica de Campaña (Novo y Sierra). Aínda se conservan as ruínas dun pequeno peirao no que antigamente se cagaban embarcacións con arxila e pezas de cerámica. Actualmente do vello porto só quedan parte dos cimentos e a rede de vagonetas que unía o peirao coa…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Lavadoiro con predominio da lonxitude sobre o ancho, con seis pedras de lavar por cada lado, e con cuberta cunha estrutura de columnas de pedra e vigas de madeira sobre as que descansa un armazón de madeira con tella curva.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muíño no lugar de Cerneira.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cimadevila.
 


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial