Busca

Amosando 145 - 168 de 333 resultados da busca.

Pombal situado nunha finca no extremo de Corques, xunto a un hórreo de granito. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados e pintados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada, con asoleirado perimetral superior baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina, que data do século XIX e que alberga o  Museo do Mar de Rianxo. Emprázase nun dos lugares máis céntricos da vila de Rianxo, situada ao lado do Cuartel Vello, fronte á…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

A Librería Cándido foi a primeira librería de Rianxo e conta con máis de cen anos de vida, talvez a máis antiga de toda Arousa Norte. O seu fundador libreiro-industrial-impresor, Cándido C. González, foi un dos amigos íntimos de Castelao. Os dous formaron parte da sociedade Pro-Cultura (1913). Cándido presidiu a agrupación social Acción, que tanto destacou na defensa de Castelao e do seu pai no altercado da…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Esta vistosa vivenda de doce balcóns, repartidos entre a fachada da rúa de Abaixo e a da Calella do Xudeu, pertenceu por un tempo a Manuel Rodríguez Insua, casado en segundas nupcias coa viúva de Losada, Pilar Castelao Genme. Deste modo, os fillos de Pilar, tanto Xosé Losada Castelao, do primeiro matrimonio, como Manuel Rodríguez Castelao, do segundo, pasaron a ser coñecidos en Rianxo como os irmáns Insua, cando en realidade de Insua só…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Extensión de area cunha lonxitude duns 50 metros, xunto ao Porto de Taragoña.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao”. As praias do Tronco e…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Parte saínte da costa na que se localiza o miradoiro de Tanxil.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Tamén coñecida polo nome da Punta da Posta, trátase dunha parte saínte da costa localizada entre a Praia da Torre e a Praia do Porto de Taragoña.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Pombal no interior dunha finca en pendente, situada ao norte de Fonte Susán. Planta circular de muros de cachotaría de pedra enfuscados e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira que se prolonga na parte traseira. Cornixa de grandes lousas de granito.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada no Cruceiro. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

O Monte do Araño atópase a 250 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Cotón atópase a 488 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina situada nun extremo da Praza de Manuela, na Ribeira.

Planta rectangular e dous andares, resolta en cantaría de granito e cuberta a tres augas de tella. Alzados de sinxela composición, compostos por pequenos ocos rectangulares…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, en esquina do século XIX, con fachada principal á rúa de Abaixo.

Construción orixinal de dous andares realizada con muros de cachotaría e cantaría de granito encintados, con engadido posterior en planta alta de formigón que desvirtúa totalmente o inmoble. Balcón corrido no segundo andar da fachada principal con escudo nobiliario…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Edificación do casco histórico de Rianxo, de planta rectangular e dous andares, do século XVIII.

O volume orixinal que ocupaba a esquina completa da cuarteirón, foi dividido posteriormente en dúas vivendas, unha con fachada á rúa da Praciña, e outra á Ribeira. Está resolta con…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Nada queda da casa da rúa do Hospital, a poucos metros da graneira de Mariano Rodríguez, onde residiu o “mestre sen escola”, Xosé Arcos Moldes, compadre de…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Parte saínte da costa preto da Praia do Tronco.


Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Pequeno illote de rochas fronte á Praia do Castiñeiro.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Entrante da Ría de Arousa en Rianxo que serve de abrigo ás embarcacións.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Pombal no interior dunha finca en pendente, situada ao norte do Monte da Dorna. Planta circular de muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira que se prolonga sobre os ocos de acceso das pombas. Cornixa e asoleirado perimetral de lousas de granito.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada na aldea do Monte de Dorna. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada e pequeno asoleirado perimetral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil