Busca

Amosando 145 - 168 de 235 resultados da busca.

Pombal no interior dunha finca situada na aldea Abuín, de planta circular.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas

Reloxo de sol no lugar do Castriño, no cumio do tellado dunha vivenda.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol na fachada dunha vivenda no lugar de Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar de Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar da Mámoa.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Edificación hoxe desaparecida que se emprazaba na Ribeira, na actual Praza da Manuela, ao carón do Porto de Rianxo. Era o lugar onde se vendía o peixe, e onde na súa contorna, as mulleres vendían berberechos e reparaban as redes.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

A casa de Ramón Sende, situada na Praza de Manuel Antonio, foi o berce do galeguismo en Asados, pois era a sede do Partido Galeguista. En 1936, o partido tiña en Rianxo 264 afiliados, a agrupación máis numerosa de Galicia. Na…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Casa no lugar de Asadelos onde faleceu Manuel Antonio un 28 de xaneiro de 1930. Esta casa foi comprada por dona Pura, súa nai, xa que nesta parroquia exercera de mestra desde 1916. Manuel Antonio nacera nunha casa da rúa de Abaixo do casco histórico de Rianxo, edificación que alberga na actualidade a súa casa-museo.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

O que na actualidade é o centro de saúde, foi construído orixinalmente para albergar a escola unitaria feminina de Catoira.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

O Arco da Menora era un soportal dunha casa da rúa de Abaixo, emprazado ao carón da Casa do Tarabelo, e que foi derrubado para ampliar a calzada. Xosé Camoxo Rodríguez 


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Segundo conta Cristina Conde Escaloni no seu blogue Descubrindo a historia de Catoira, nesta casa vivía, xunto coa súa familia, unha moza xitana moi fermosa de nome Dominica Borja Ferraguela.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Localizado na actual Avenida da Ponte de Catoira, no cruzamento onde está o Bar Canguro. Este fito ou marco indica o punto quilométrico 10 da estrada Cesures - Carril (PO-548) e debe ser o único, ou dos moi poucos que na actualidade aínda se conservan de cando se construíu a estrada.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

O Coto Agudo atópase a 116 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Monte de Leiro atópase a uns 175 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Leiro | Panorámicas

O Monte Palleiro atópase a 127 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Monte Quintáns atópase a uns 150 metros de altura sobre o nivel do mar. Ofrece unhas vistas magníficas do río Ulla e Catoira, moi próximo ao Castro das Cercas.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Catadoiro atópase a 202 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas