Casa da Pastora

Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Segundo conta Cristina Conde Escaloni no seu blogue Descubrindo a historia de Catoira, nesta casa vivía, xunto coa súa familia, unha moza xitana moi fermosa de nome Dominica Borja Ferraguela.
A familia estaba moi asentada no pobo e mantiña moi boa relación coa xente de Catoira. Dominica namorouse dun “payo” e quería casar con el, mais o pai dela non consentiu a unión. Ela tentou convencer ao pai de todos os xeitos posibles, mais non o conseguiu. Na súa desesperación, decidiu suicidarse, consumando o mesmo dun xeito terrible. Foi á Taberna da Roxa a mercar unhas caixas de mistos e achegouse ás Torres de Oeste. Alí inseriu as cabezas dos mistos mesturadas con pan. Como consecuencia disto, Dominica perdeu a vida. Algunhas testemuñas contan que foi na Fonte da Codeseira.
Apareceu morta e puxeron o seu cadáver no curral da señora Ramona de Claudio, entre unhas pallas nas que estivo exposta á vista da xente que pasou a comprobar o suceso. A nova consternou a todas as capas sociais da contorna de Catoira e as mozas e mozos de todo o concello velaron e choraron a aquela doce criatura, que por amor entregou a súa propia vida.
A familia de Dominica fixo todo o posible para que a igrexa lle permitise dar sepultura a aquela mociña no cemiterio da Igrexa de San Miguel de Catoira. Non lle resultou doado, pois a igrexa sempre negou un enterro digno ás persoas que se quitaban a vida. Finalmente consentiu que a enterrasen no cemiterio que daquela rodeaba ao templo parroquial, mais na parte de atrás do mesmo como castigo polo seu, segundo eles, indigno acto. Alí está hoxe unha lápida limpa e moi coidada, sempre con rosas e soa sen ningunha compaña, pois o resto de defuntos foron trasladados ao novo cemiterio de Barral. Na lápida pode lerse:
DOMINICA BORJA
FERRAGUELA
FALLECIO
EL 27 DE JULIO
DE 1945
A LOS 19 AÑOS DE EDAD
D.E.P.
ES PROPIEDAD
PERPETUA
- INFORMACIÓN
- Código: CA-AC025
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Catoira
- Parroquia: San Miguel de Catoira
- Lugar: A Estación
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.668073803625 , -8.7224729129206
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.