Busca

Amosando 97 - 120 de 259 resultados da busca.

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Pontella levantada sobre o rego San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Palco da música no lugar de Cores, de planta hexagonal e construído en granito.


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

No alto do portal de acceso ao Pazo da Baiuca, localízase un reloxo de sol de tipoloxía declinante, construído en pedra e co gnomon metálico.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Ao igual que o Alquerque Nº 2 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros taboleiros de xogo localizados en castelos e mosteiros medievais en Galicia, na Península e en moitos…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Tras os incendios de 2017 descubriuse unha vella muralla de cachotaría que parece rodear unha área duns 70 metros de diámetro. Trátase dunha muralla defensiva, de forma oval e feita de pedra miúda que pode datar do século VIII a.C (Idade de Ferro) e a súa localización nunha ladeira de 120 metros de alto, flanqueado por dúas valgadas naturais que a protexen polo NE e SW e cun amplo dominio sobre a contorna; aínda que hoxe cegada pola…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Alquerque descuberto por Vanesa Pérez Lorenzo en maio de 2022. Ao igual que o Alquerque Nº 1 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Xacemento rupestre sen catalogar, atopado por Adrián Fernández Delgado en outubro de 2022. Combinación de círculos concéntricos duns 40 centímetros de diámetro, bastante desgastados, no Monte Xiabre. Nas laxes adxacentes pódense observar algunhas cazoletas e posiblemente máis gravados, aínda que…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Tal como conta Cristina Conde Escaloni no seu blogue Descubrindo a historia de Catoira, o Alto de Siagoga, monte entre Cordeiro (Valga) e Catoira, foi o lugar onde os catoirenses loitaron contra as tropas francesas de Napoleón Bonaparte nos primeiros meses do ano 1809.…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Petróglifo procedente dun muro de Dimo, que durante anos estivo gardado nunha nave municipal, nunhas condicións de conservación moi deficientes. No ano 2023, tras unha denuncia pública realizada por Cristina Conde Escaloni, o Concello de Catoira trasladouno ao CACTO (Centro de Activación Cultural Torres de Oeste), onde na actualidade está exposto.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Localizado na actual Avenida da Ponte de Catoira, no cruzamento onde está o Bar Canguro. Este fito ou marco indica o punto quilométrico 10 da estrada Cesures - Carril (PO-548) e debe ser o único, ou dos moi poucos que na actualidade aínda se conservan de cando se construíu a estrada.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil

Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil

Estas marcas, xunto ás do Marco Nº 2 do Outeiro de Agudelo, indican os límites entre os concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa. Foron realizadas nos anos 40 do pasado século polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional co obxectivo de facer de deslindes. Este marco ten unha inscrición que pon "V X C…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Estas marcas, xunto ás do Marco Nº 1 do Outeiro de Agudelo, indican os límites entre os concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa. Foron realizadas nos anos 40 do pasado século polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional co obxectivo de facer de deslindes. Este marco ten unha inscrición que pon "V X C…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Das catorce cruces das que consta un vía crucis tradicional, soamente se conserva unha sobre a cimeira do muro e pola banda dereita da Igrexa de San Mamede de Abalo, ademais da estación número 12, constituída polo calvario descrito.

Trátase dunha cruz baixa, maciza, monolítica, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Ten de altura 93 centímetros…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado no lugar de Catrocamiños, lugar onde conflúen as parroquias de Catoira, Oeste e Dimo. Un chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas constitúen a parte baixa deste cruceiro moderno, pois substituíu un antigo que estaba neste lugar. Varal, primeiramente cuadrangular, mais despois remata as arestas. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, adobiados por cabeciñas de anxo entre espirais. Cruz cuadrangular con…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

A cruz central ten por alicerce dous chanzos irregulares. Base grande, pouco alta e de bordos rectos. Cruz de sección octogonal, monolítica, cos brazos e testeiro acabados en cadrados, presentando un reducido testeiro. Adobíase pola parte dianteira dunha coroa na intersección dos brazos e dun INRI no extremo superior do testeiro. Os extremos dos brazos amosan dous círculos concéntricos e seis raios emparellados saíndo deles. A cruz ten unha altura de 2,20 metros de alto,…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

A parte inferior componse de tres chanzos irregulares e unha pedra chan que fai de mesa por diante. Base cúbica coas arestas superiores biseladas. A vara comeza sendo cuadrangular, para pasar despois a forma cilíndrica. Remata un capitel de catro lados curvos que presenta nas partes centrais figuras esquemáticas, sen apenas trazos, afastadas por bólas na parte baixa. Cruz de sección rectangular coas arestas redondeadas, finiña e sen figuras.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos