Busca
Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Á dereita da entrada da Igrexa de San Mamede de Abalo localízanse dous reloxos de sol, sendo o da esquerda máis antigo que o da dereita
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
No lado leste da Igrexa de San Pedro de Dimo localízase este reloxo de sol. A súa data de construción descoñécese, xa que as letras do cuadrante son ilexibles, mais podería datar do século XVI, xa que os muros e os contrafortes que conserva a igrexa pertencen a esta data. O reloxo é de granito, plano e pertence á categoría…
Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil
O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…
Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos
Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Pontella levantada sobre o rego San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Palco da música no lugar de Cores, de planta hexagonal e construído en granito.
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
No alto do portal de acceso ao Pazo da Baiuca, localízase un reloxo de sol de tipoloxía declinante, construído en pedra e co gnomon metálico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Ao igual que o Alquerque Nº 2 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros taboleiros de xogo localizados en castelos e mosteiros medievais en Galicia, na Península e en moitos…