Busca

Amosando 49 - 72 de 1494 resultados da busca.

Hórreo no lugar de Porto.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Hórreo na rúa Deputación.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Palco da música no lugar de Cores, de planta hexagonal e construído en granito.


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

No alto do portal de acceso ao Pazo da Baiuca, localízase un reloxo de sol de tipoloxía declinante, construído en pedra e co gnomon metálico.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Nunha das torres da fachada principal do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pasos que atravesan o río Sar, entre Cambelas (Padrón) e Seira (Rois), ao carón dunhas inutilizadas infraestruturas de regadío.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Hórreo no lugar da Tarroeira.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Inquisición.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Antes da construción da Ponte de Sinde, que uniría as parroquias de San Pedro de Carcacía (Padrón) e San Miguel de Barcala (A Estrada), o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea de Bandín até o resto da parroquia de Carcacía era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). Na beira do río en Bandín e na área recreativa do Areeiro aínda se…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Obra civil

Antes da construción da Ponte da Barca, que uniría a totalidade da parroquia de Santa María de Herbón, o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea da Barca até o resto da parroquia de Herbón era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). 


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil

Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Localizado na actual Avenida da Ponte de Catoira, no cruzamento onde está o Bar Canguro. Este fito ou marco indica o punto quilométrico 10 da estrada Cesures - Carril (PO-548) e debe ser o único, ou dos moi poucos que na actualidade aínda se conservan de cando se construíu a estrada.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil

Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil