Busca

Amosando 145 - 168 de 475 resultados da busca.

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Restos dun muíño de vento derrubado. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátase dos alicerces dun muíño de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes eran de cachotes con rachas, dun…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Restos de tres muíños de vento derrubados. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátanse dos alicerces de tres muíños de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes eran de cachotes con…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Un total de cinco muíños que, identificados de noroeste a sueste, reciben os nomes de: Muíño de Lorenzo, Muíño de Catoira, Muíño do Ribeiro, Muíño de Moure e Muíño de Casal.

O muíño tipo responde a unha torre de planta circular sen ningún tipo de plataforma feita con cachotaría de granito. O único van é a porta de madeira, que leva a un pequeno cubículo soterrado. O interior ten unha única planta e o piso é de pedras irregulares. A cuberta é a dúas augas, feita…


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Restos dun muíño de vento derrubado. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátase dos alicerces dun muíño de vento de tipoloxía de muíño moi pouco evolucionada do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes son de cachotes con rachas, de…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Estrutura dun muíño de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

Torre cilíndrica que supera os 5 metros, sobre unha plataforma, feita de cachote con pequenas rachas e perpiaños nos vans. Os muros teñen abundancia de pequenas buratas empregadas para encaixar as vigas do piso da planta superior ou serviren quizais para as pombas. Ten dúas portas e encima…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Un total de tres muíños que, identificados de noroeste a sueste, reciben os nomes de: Muíño do Monte Mesón, Muíño de Míguez e Muíño do Loureiro. Trátase dunha tipoloxía de muíño moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre é cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes son de cachotes con rachas, dun grosor máximo de…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Muíño de vento no Monte Beiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Dique tradicional situado nas proximidades da Finca de Patiño. Nela entraban os navíos para efectuar traballos de carga e descarga. Os diques son bacías artificiais de pequenas dimensións, construídas en desvíos das liñas de costa naturais. Estas bacías están en contacto permanente coas augas, neste caso co río Ulla.

Os diques son elementos fundamentais dos portos…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Fonte no Monte da Cabana.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Lavadoiro próximo ao rego Castrelo.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica. Presenta tellado a unha auga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Localizado ao carón da Capela de San Bieito de Bascuas.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

No lugar de Pedreda, á beira do Camiño Portugués.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Lavadoiro á beira da estrada que vai desde A Escravitude até Queiruga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Capela pertencente á parroquia de Santa María de Cruces, na honra de San Bieito. Todos os anos no mes de xullo celébrase unha romaría na pequena carballeira que rodea á capela, sacando ao santo en procesión. Esta talla foi realizada en 1845 polo escultor Juan Martín María Pernas Gambino. Nun do laterais hai unha fonte.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

Reloxo de sol múltiple no Santiaguiño do Monte, sobre o muro que delimita a Finca O Carballal.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Miradoiro-balcón metálico sobre muro de pedra, na actual avenida Castelao, orientado ao Paseo do Espolón.

Segundo escribe Eloy Rodríguez Carbia, “o…


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).

En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muíño no lugar de Cerneira.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga