Muíño de vento da Baiuca
Imaxe: Cristina Conde Escaloni
Estrutura dun muíño de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.
Torre cilíndrica que supera os 5 metros, sobre unha plataforma, feita de cachote con pequenas rachas e perpiaños nos vans. Os muros teñen abundancia de pequenas buratas empregadas para encaixar as vigas do piso da planta superior ou serviren quizais para as pombas. Ten dúas portas e encima delas unha burata. No interior existen unhas divisións na planta baixa de finalidade descoñecida. Na planta alta non quedan restos nin da escaleira nin da estrutura do piso. A cuberta suponse que era cónica e con velas de lenzo. No solado preparouse un sinxelo piso (o tremiñado) feito de pedras irregulares baixo o que se dispón o sistema de regulación do muíño (a mesa). Tendo en conta as dimensión do muíño podería ter dúas moas, mais non se sabe con seguridade.
Ao carecer de sistema de orientación das aspas cara o vento, os elementos mecánicos do muíño son ben simples. O eixe horizontal (a viga) atravesa diametralmente os muros da torre, a 1.60 metros sobre o solado, apoiando sobre unhas pezas de madeira (os zoquetes) que fan de buxas. O eixe ten a orientación do nordeste ao suroeste, que é a dos ventos dominantes no emprazamento.
Xa no exterior do muíño e en ambos os dous extremos do eixe, catro varas (os vareiros) o cruzan, unidos de a dous por outras varas (os travesos) nas que se colocan as aspas (os abanos); neste muíño os abanos consisten nunhas táboas unidas entre si formando unhas pezas rectangulares de aproximadamente 1,50 metros de longo por 0,50 de ancho.
O eixo soporta no interior un engrenaxe vertical de 1 metro de diámetro (a roda) construído á maneira das rodas dos carros do país, que dispón na súa periferia de 36 dentes de madeira suxeitos cun aro ou cintón de ferro que rodea á roda. Os dentes enlazan na parte inferior da roda cun engrenaxe vertical de tipo lanterna (o piñón), con 8 pezas de engrene. Estes dous engrenaxes (os engranes) converten o xiro horizontal das aspas nun xiro vertical que se transmite por un eixe vertical de ferro de sección cadrada (a vara) ao sistema de trituración do muíño.
- INFORMACIÓN
- Código: CA-OC027
- Outras denominacións: Muíño de vento de Santa Baia
- Tipoloxía: Obra civil
- Cronoloxía: Século XIX
- Concello: Catoira
- Parroquia: Santa Baia de Oeste
- Lugar: A Baiuca
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_080) - Aprobación inicial de 2012
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.674910450198 , -8.7072209683994
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.