Muíños de vento de Pedras Miúdas

Muíños de vento de Pedras Miúdas - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: @mapifraser

Un total de cinco muíños que, identificados de noroeste a sueste, reciben os nomes de: Muíño de Lorenzo, Muíño de Catoira, Muíño do Ribeiro, Muíño de Moure e Muíño de Casal.

O muíño tipo responde a unha torre de planta circular sen ningún tipo de plataforma feita con cachotaría de granito. O único van é a porta de madeira, que leva a un pequeno cubículo soterrado. O interior ten unha única planta e o piso é de pedras irregulares. A cuberta é a dúas augas, feita con tella curva asegurada con pedras para evitar que o vento as levante. Os elementos mecánicos son moi sinxelos, a trabe, ou eixe horizontal, atravesa diametralmente a torre; a ambos lados ten catro vareiros onde van as aspas.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal de Freixeiro

Pombal Nº 2 das Rañas

Muíños de vento do Monte Cabreiro

Pombal da Casa de Maquieira