Busca

Amosando 25 - 42 de 42 resultados da busca.

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial

Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

A visión desde o Alto de Bexo posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A visión desde o Monte Treito posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A 301 metros de altura, a visión desde o Monte Carboeiro posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A 149 metros de altura, a visión desde o Miradoiro de Lestrobe posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas

A visión desde o Alto da Paxareira posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, O Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.


Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais