Busca
Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.
Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas
Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Vista do Esteiro do Ulla desde a contorna da Casa da República en Sestelo.
Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas
Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Panorámica do val do río Ulla desde Caldebarcos.
Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas
Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.
Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas
O Monte do Araño atópase a 250 metros de altura sobre o nivel do mar.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas
O Cotón atópase a 488 metros de altura sobre o nivel do mar.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas
Miradoiro localizado na Punta Fincheira que ofrece unhas fermosas vistas das praias de Quenxo e Tanxil.
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Panorámicas
O miradoiro do Castro Barbudo atópase a 331 metros de altura sobre o nivel do mar. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas
O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.
Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas
Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas
Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas
Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.
Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas
A visión desde o Alto de Bexo posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A visión desde o Monte Treito posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A 301 metros de altura, a visión desde o Monte Carboeiro posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
A 149 metros de altura, a visión desde o Miradoiro de Lestrobe posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.