Cruceiro da Igrexa Vella

Cruceiro da Igrexa Vella - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: Concello de Valga

Foi ergueito para manter o recordo do antigo templo como sinal de que se atopa nun lugar consagrado, coñecido como a Igrexa Vella. Carece de baseamento. Pedestal de feitío cúbico sen inscricións aparentes. O varal é de sección cuadrangular en arranque e remate, aínda que amosa un desenrolo de perfil oitavado por rebaixe das arestas. Carece de capitel, estando xunguida a cruz ao cumio do varal. A cruz ten base de planta rectangular e desenrolo oitavado. O anverso mostra unha Crucifixión e o reverso é liso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER019
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
  • Lugar: Beiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-226)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro Nº 2 do Campo

Cruceiro da Praia da Telleira

Cruceiro de Setecoros

Cruceiro da Igrexa de Santa Comba de Louro