Cruceiro de Setecoros

Cruceiro de Setecoros - Valga - San Salvador de Setecoros

Imaxe: Jose Alberto Solla Barreiro

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta rectangular composto por dous chanzos, o primeiro deles semisoterrado. Pedestal de feitío cúbico coroado por unha moldura toroidal. Varal de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O cumio do varal ten novamente sección cadrada ensanchada. Capitel decorado sobre colariño octogonal. Cruz en moi mal estado de conservación. Na súa orixe tivo feitío latino e sección octogonal por rebaixe de arestas. Actualmente carece de brazo transversal e da cabeceira do traveseiro.

Debido ao mal estado do anverso orixinario (anteriormente existiu unha Crucifixión) na súa recolocación xirouse a cruz 180 graos e agora observamos na parte dianteira o antigo reverso, que consiste nunha Virxe de pé sobre unha peaña. Restaurado no ano 2022.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER027
  • Outras denominacións: Cruceiro da Eirexe
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Salvador de Setecoros
  • Lugar: A Eirexe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Perda de fragmentos (cruz).

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-316)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

    La Voz de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz do Carballiño

Cruz de Parafita

Cruceiro da Casa do Sisto

Cruceiro Nº 1 do Campo