Túmulo Nº 2 da Pedra do Viño

Túmulo Nº 2 da Pedra do Viño - Valga - San Miguel de Valga

Imaxe: Oscar Franco

Situada a uns 80 metros ao norte do Túmulo Nº 1 da Pedra do Viño. Neste caso non se observan restos de compoñentes pétreos que poidan asociarse (cámara, coiraza...). Si pode observarse un certo afundimento central, que podería ter correspondido a un buraco de violación, xa colmatado. Aparece alterado na súa contorna xeral, debido ás actividades forestais.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ022
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico-Idade do Bronce
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Martores
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Obsérvanse certas modificacións na forma orixinal do túmulo (rebaixe da masa tumular e certo espallamento da mesma), provocadas polas plantacións de piñeiros existentes na zona.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-21: GA36056014)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Vilar

Necrópole dos Martores

Mercado dos Mouros

Túmulo da Cruz do Valado