Petróglifo do Gandarón

Petróglifo do Gandarón - Valga - San Salvador de Setecoros

Localizado durante os traballos de control da obra do gasoduto Valga-Tui, foi adscrito erroneamente ao Concello de Caldas de Reis.

A revisión da rocha na que se sitúan as cazoletas, dá como resultado a detección dunha nova, co que na zona superior da rocha obsérvanse un total de catro. Destas catro cazoletas, dúas presentan un diámetro de 8 centímetros, a terceira ten 6 centímetros e a cuarta presenta unhas dimensións de 5 centímetros de diámetro exterior e 3 centímetros de profundidade.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ010
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Salvador de Setecoros
  • Lugar: Cernadas
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A rocha sitúase nun pequeno espazo entre o trazado do gasoduto Valga-Tui (ao leste) e unha pista forestal (ao oeste), sen verse directamente afectada por ningunha destas.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-10: GA36056-REF004)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Agro do Castro

Petróglifo da Cruz do Valado

Soaviña

Castelo da Medela