Capela do Pazo dos Calotes

Capela do Pazo dos Calotes - Rianxo - Santa Baia do Araño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Capela barroca construída en 1630, situada nun extremo da finca pertencente ao Pazo dos Calotes, dando fronte á praza central do lugar da Capela. Foi mandada construír por orde de don Juan de Santiago Figueroa, cóengo da Catedral de Santiago. Cóntase no lugar que existe un pasadizo subterráneo que o une coa igrexa.

Recentemente restaurada, dá lugar ao topónimo de A Capela, en Araño. Pertenceu ao Pazo dos Calotes. É unha construción relativamente grande, de 17,80 metros de longo e 11,60 de ancho. Planta rectangular resolta con muros de cantaría de granito enfuscados nun lateral, e cuberta a catro augas de tella sobre estrutura de madeira. Consta de nave con bóveda de canón de catro tres e arcos de medio punto e sancristía lateral con bóveda de canón. Os muros presentan grandes contrafortes exteriores. Destacan unha pequena cruz con imaxe na fachada e o campanario situado nun extremo da fachada interior de acceso á capela.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AR002
  • Outras denominacións: Capela de Santa María do Nadal, Capela do Nadal ou Capela da Casa Grande
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: 1630
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: A Capela
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-002)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Sendeiros de Dodro

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Fotos de Rianxo

    Rabunho Rexeita

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela de San Mamede

Igrexa de Santa María de Asados

Igrexa de Santa María de Isorna

Capela dos Desamparados