Serradoiro de José Ribeiro
Imaxe: Arquivo Gonzalo Romero Osende
Antigo serradoiro situado á beira do río Ulla, a uns 230 metros da Telleira de Quintáns, tamén na ribeira do Ulla. O conxunto está formado dúas construcións independentes dispostas en L. Edificación principal de planta irregular resultado da agrupación de varios volumes, resolta con estrutura de formigón e cerramento de bloque, coa cuberta a dúas augas de fibrocemento. A segunda construción é de planta rectangular con cuberta a dúas augas de tella e estrutura de madeira, que se prolonga na fachada norte apoiada sobre pilastras de granito.
O serradoiro de José Ribeiro emprazábase na parroquia de Isorna, mentres que do outro lado do río Ulla, na parroquia de Oeste (Catoira), estaba Serrerías Industriales de Catoira.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AI001
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura industrial
- Cronoloxía: -
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Isorna
- Lugar: Agro de Telleira
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-018)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.675344172828 , -8.7293071943063
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.