Casa reitoral de Santa Baia do Araño

Casa reitoral de Santa Baia do Araño - Rianxo - Santa Baia do Araño

A casa reitoral de Traba está situada no extremo sueste do lugar, no interior dunha finca de grandes dimensións, na contorna igrexa parroquial. Trátase dun conxunto formado por varios volumes ao que se accede, desde a estrada, mediante un portón alintelado sobre o muro de peche perimetral. Unha cruz cun cristo crucificado preside a súa entrada. Edificación principal de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría e cuberta a catro augas de tella, sobre estrutura de madeira. Composición sinxela das fachadas, con ocos rectangulares con peitorís e tornachuvias de granito. As construcións auxiliares dispostas en torno á vivenda, están resoltas co mesmo sistema construtivo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AC001
  • Outras denominacións: Casa reitoral de Traba
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: Traba
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    O conxunto atópase en bo estado de conservación tras ser restaurado en 1989.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-005)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casas de Bouza

Casa Nº 2 de Sestelo

Casas de Quintáns

Pazo dos Torrado de Brión