Sede do Partido Galeguista de Asados

Sede do Partido Galeguista de Asados - Rianxo - Santa María de Asados

A casa de Ramón Sende, situada na Praza de Manuel Antonio, foi o berce do galeguismo en Asados, pois era a sede do Partido Galeguista. En 1936, o partido tiña en Rianxo 264 afiliados, a agrupación máis numerosa de Galicia. Na parroquia de Asados eran 150 militantes, 27 deles mulleres: labregas, costureiras, pescas, mestras...

O 24 de setembro de 2022, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e o Concello de Rianxo homenaxearon ás 27 mulleres do Partido Galeguista de Asados. Recuperouse a memoria dos tempos da República nas voces de Xesús Santos e de Aurora Marco, estudosa do papel das mulleres no movemento galeguista. Recitáronse poemas, un por cada un dos nomes de todas as militantes, acompañados de rosas.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Escola de Buía

Casa reitoral de Santa María de Isorna

Escola do Vilar

Casa reitoral de Santa Baia do Araño