Fonte de Zabala

Fonte de Zabala - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Atópase no Camiño de San Xulián, no muro de contención da estrada N-550. Ten dous canos que verten a auga sobre unha pía de pedra rectangular e obra recente. Hai anos a fábrica de Gaseosas Zabala collía nela a auga que precisaba para a fabricación das mesmas, de aí o nome co que se coñece na actualidade. Ademais tamén abastecía as fábricas de madeira que había no Porto de Cesures como a Crufa, Balado, Bouzas... As augas desta fonte son coñecidas pola súa gran calidade.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Infesta

Fonte de Infesta

Lavadoiro de San Xulián

Lavadoiro da Chancela