Fonte da Igrexa Parroquial de Pontecesures

Fonte da Igrexa Parroquial de Pontecesures - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Fonte localizada na Praza da Plazuela, elaborada con pedra granítica, cano metálico e cuncha en relevo gravada na pedra. Construída na mesma data que a igrexa, no muro das escaleiras que dan acceso á Igrexa Parroquial de Pontecesures. Orixinariamente atopábase no centro da praza. Tiña forma hexagonal e estaba feita en pedra. O piar central do que manaba a auga, estaba rematado en forma de cruz, nos brazos laterais había dous farois e no superior unha copa de bronce cunha planta. No ano 1961 a praza e o atrio da igrexa foron remodelados e a fonte cambiouse á localización actual.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PO-AA005
  • Outras denominacións: Fonte da Plazuela
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1893
  • Concello: Pontecesures
  • Parroquia: San Xulián de Requeixo
  • Lugar: Pontecesures
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Lendo cos pés | CPI Pontecesures

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro de Carreiras

Lavadoiro de San Xulián

Fonte e lavadoiro de Grobas

Fonte de San Xulián