Campo da Insua

Campo da Insua - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: MU_Moradas no Ulla

A denominación de Campo da Insua ven porque aquí existía unha insua fluvial ao carón da desembocadura do río Sar Vello no río Ullaao carón da desaparecida Ponte de Ferro e da Ponte de Cesures.

Aquí había unha praia, antes de que as dragas de area acabaran con ela; era o sitio onde se ía lavar a roupa e tamén o lugar no que se construían e reparaban os barcos para o transporte de mercadorías que ían polas augas do río Ulla. O Campo da Insua foi un dos espazos expositivos da Feira do Automóbil de Ocasión de Pontecesures.

Na actualidade trátase dunha pradaría segada, na que aínda pacen algúns animais, con dúas porterías de fútbol e no que se conserva un gran exemplar de chopo negro ou lamigueiro (Populus nigra).

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Campo da Insua

Lagoa de Meda

Desembocadura do Sar

Insua de Seira